domingo, 13 de julio de 2008

NOTAS SOBRE ARQUEOLOGÍA DE REDONDELA ( I )

Aún siendo publicado el pequeño trabajo que lleva por título "Redondela Arqueoloxía", en 1985, por iniciativa del Concello de Redondela y cuyo autor es el que suscribe estas líneas, el resumen arqueológico que se presentaba en esa época, no dista mucho del que poseemos hoy día. Además nos puede servir para conocer el estado de la cuestión en esos momentos y lo que nos depara la realidad arqueológica hoy día. Por ello, a continuación, voy a transcribir ese breve estudio, tal como fue editado y conservando en el idioma en que fue publicado (gallego), para poder darlo a conocer el mismo a las personas que no lo han leído aún y luego, sacar algunas conclusiones sobre lo que ha evolucionado o no la arqueología redondelana.
Por problemas del paso de lo escrito hace tiempo al documento informático, no se ha conseguido la buena claridad visual deseada para dicho escrito. Pido disculpas por este inconveniente.
Como es lógico, se ha dividido en varios comentarios, por su extensión. También se han incorpora ilustraciones que no poseía cuando fue publicado.

INTRODUCCIÓN

As fértiles terras que configuran o Concello de Redondela posúen numerosos xacementos arqueolóxicos que nos documentan amplamente as diferentes etapas prehistóricas e históricas polas cales pasou esta ben definida área xeográfica galega.

Neste breve estudio analisaremos a comarca redondelana dende a prehistoria ata a romanización.

Os primeiros vestixios da poboación que posuimos na actualidade, para estas terras, sitúanse cara 6 ano 3000 antes de Cristo, localizándonos xa dentro da denominada cultura megalítica. Non hai que descarta-la posibilidade de que achados arqueolóxicos futuros nos ofrezan datos abondos que nos permitan falar verbo do período paleolítico e o mesolítico, como ocorre nas zonas xeográfícas preto de Redondela.

Coménzase este percorrido arqueolóxico estudiando o mundo megalítico que tan ben está representado nesta comarca. Logo ofrécense os datos que posuimos sobre a Idade de Bronce, analisando por un lado os obxectos de bronce datables neste período que $e atoparon e polo outro as estacións de arte rupestre localizadas ata a actualidade.

De seguido introducímonos na suxestiva cultura castrexa e xa finalmente no importante proceso de romanización.

Ofrécense ó remate do traballo unhas referencias bibliográficas relacionadas coa arqueoloxía redondelana en diferentes aspectos, que son básicas para podermos afondar no tema obxecto deste estudio xa que este tan só pretende servir de guía e ser unha síntese dos coñecementos arqueolóxicos que posuimos ata hoxe desta rica zona xeográfica de Galicia.

A CULTURA MEGALITICA

A etapa neoiítica no noroeste peninsular está vinculada posiblemente á cultura megalítica, polo menos nos últimos momentos. Esta cultura megalítica chámase así porque a coñecemos. maioritariamente, polos seus monumentais en-terramentos colectivos, que en Galicia reciben diferentes nomes, e que fan alusión ó aspecto que presentan no te-rreo ou ó folclore que está vencellado ós mesmos: «mámoas». «medas». «madorras», «cortellos dos mouros», etc.

Este período prehistórico poderíamos datalo dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo e nel desenvólvese unha cultura eminentemente agricola-gandeira.

Redondela posúe sen lugar a dúbidas unha das maiores necrópoles megalíticas Ir.caíizadas ata agora en todo o ámbito galego. Trátase da que está ubicada no lugar coñecido por «Chan das Formigas», e que tamén e coñecida por «Chan da Pedra do Couto» ou «Chan da Cruz»; está situa-da entre as parroquias de Trasmanó e Cabeiro.

Neste importante conxunto arqueolóxico pódense conta-bilizar arredor de corenta megalitos ou «mámoas» de diferentes medidas e que se atopan en diferente estado de conservación. A maioría destes sartegos conservan o túmulo de terra e pedras que as cubría e naigunha pódense obser-var rínda os orrstatos que íormaban a súa cámara fune-raria. Podemos dicir que todas ofrecen sinais de teren sido profanadas e outras hoxe están parcialmente estragadas.

A forma do túmulo é preferentemente circular", sendo o diámetro medio duns 12 metrcs, variando este entre os 4 e os 20 metros. A altura media que presentan na actualida-de sitúase en 1 metro.

O megalítico máis representativo desta importante es-tación prehistórica é o coñecido por «mámoa do rei». Con-serva parte do túmulo de terra que o cubría, salientando a cámara funeraria formada por sete ortostatos e que posúe (como é habitual neste tipo de monumentos) a entrada orientada cara ó nacente.

Relacionado con esta necrópole megalítica existe un interesante folclore. Na parroquia de Vilar de Enfesta posuimos outras mostras desta cultura. Preto do chamado «Chan das Pipas» anótanse diversos megalitos, podéndose sinalar que catro del?s na actualidade están destruidos.

O coñecido «Coturro» ou «Cotarelo». no barrio da Igrexa, é unha «mámoa» violada. E, finalmente. no lugar de «Os lagos» localízase outra.

Pertencentes a esta cultura posiblemente, pero atopa-dos de forma gratuita, temos diversos obxectos lícitos que formarían parte de enxovais megalíticos, como é frecuente atopar nas cámaras funerarias desta época. Así, temos que no «Chan da Cova», que forma límite entre Vilar de Infesta e Cabeiro, se localizaron tres machadas pulimentadas e un alisador esferoidal e que no «Monte Carrascal» se atopou unha punta de frecha de sílex.

Nota.- En la fotografía, vista total de la "mámoa do rei", pudiéndose observar su túmulo y parte de su cámara funeraria, desde el sur