
A IDADE DE BRONCE
Este período prehistórico vai desde o 1800 ó 600 antes de Cristo.
As evidencias arqueolóxicas que temos do mesmo den-tro do Concello redondelán podemos dicir que son de dous tipos: unha vennos dada polos obxectos metálicos localiza-dos e datables nesta época e a outra polas estacións rupes-tres ou petroglifos que se soen encadrar dentro deste pe-ríodo cronolóxico.
Varias son as machadas de bronce que se atoparon den-tro deste Concello:
Na parroqula de Trasmañó atopouse a máis antiga. Trá-tase dunha machada plana bicóncava de fío saínte e curvo, que tipoloxicamente podemos dar no Bronce II ou Medio, datable entre o 1500 ó 1000 antes de Cristo. As medidas des'a peza, que se custodia no Museo Provincial de Ponte-vedra, son de 161 x 77 x 15,5 milímetros e O seu peso é de 582 gramos. As outras machadas pertencen ó Bronce III, coñecido tamén como Bronce Final ou Atlántico, que se adoita datar entre o 1000 e o 600 antes de Cristo.
Así, temos que nun lugar preto do mar, na parroquia de Cesantes, se atopou únha machada de bronce de dúas ane-las, que está rexistrada no Museo Provincial de Pontevedra co número 3.655.
Na parroquia de Redondela, no lugar de Vilavella, recu-perouse unha machada de tope con tres aneis e con dúas asas. Este tipo concreto dátase cara ó 800 antes de Cristo.
Sen concreta-la zona do achado, pero aínda dentro do Concello, temos outra machada de cubo de dous aneis, per-tencente ó tipo das coñecidas como de «talón ou de tope».
Sabemos tamén que no monte de A Peneda, na parroquia do Viso, se localizaron catro machadas que cronoloxicamente pertencen tamén ó Bronce Atlántíco ou Final. Dúas delas teñen un anel e as dúas restantes teñen dous.
Son varias as estacións rupestres existentes no Concello:
Na chamada <<Poza da Lagoa», na parroquia de Trasmañó, temos varías representacións de armas, das cafes son facilmente recoñecibles diferentes alabardas enmangadas e diversos puñais ou espadas curtas.
No chamado «Chan da Cruz» e no coñecido «Cofo do Corno>>, zonas que serven de lindeiro ás parroquias de Ce-deira, Negros e Trasmañó, existen diversos deseños xeométricos, sendo os máis comúns os círculos concéntrlcos de varios aneis.
Nas estribacións orientais do <<Monte Penide», pertencente á parroquia de Negros temos varias penas con gra-vados rupestres que teñen como característica principal a combinación de círculos e óvalos con cazoletas de peque-no tamaño, que aparecen normalmente dentro da figura xeométrica.
En diferentes puntos do Monte do Castro, pertencente ás parroquias de Negros e Cabeiro, pódense apreciar va-rias penas con coviñas e sulcos ondulantes.
En Ventosela, máis concretamente en Vilar do Mato, descubríronse hai poucos anos varias penas con interesan-tes gravados rupestres. Nestes petroglífo pódense apreciar figuras xeométricas, zoomorfas e antropomorfos. Salientan varlas escenas de equitación que soen datarse entre o 1000 e 600 anos antes de Cristo, iso é, no chamado Bronce III ou Final.
Podemos apuntar tamén a existencia de petroglifos de motivos xeométricos na aba accidental do monte da Pena do Viso e tamén dentro desta parroquia, pero no lugar co-ñecido como A Nogueira, existen gravados rupestres que representan combfnacións circulares nunha pena que ó coñecida na zona como «Pedra das Rodiñas».
Diferentes referencias verbais apuntan á existencia de nóvos petroglifos nas parroquias de Cesas e Moscoso, que agardan a súa conflrmación definitiva.
Nota.- Fotografía de uno de los petroglifos estudiados por Bouza-Brey, en las estribaciones del monte Penide. La mala conservación que poseen en la actualidad es evidente, estando toda su superficie de la roca llena de líquenes que dificultad su visión.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada