domingo, 23 de noviembre de 2008

NOTAS SOBRE ARQUEOLOGÍA DE REDONDELA ( y IV )

ROMANIZACION

Coa caída do noroeste peninsular baixo o poder romano, a finais do século I antes de Cristo, a cultura castrexa irase fusionando pouco e pouco coa romana. Este proceso lento pero progresivo dará orixe á chamada cultura «galaico-ro-mana», situándose o seu esplendor nos séculos III e IV des-pois de Cristo.

As pegadas da romanización na comarca redondelana son de diferentes tipos, pois se por unha banda evidencian hábitats propiamente roman como son as «villae», pola ou-tra temos enterramentos desta época, a importante vía romana que atravesaba estas terras de sur a norte e por úl-timo achados illados, coma os tesouriños ou as ocultacións moetarias baixoromanas.

De seguido analisaremos brevemente cada un destes aspectos:

Púidose comproba-la existencia dunha vila romana na parroquia de Cedeira, máis concretamente na Portela, no lugar coñecido por «Veiga da Vila». Alí. nunha finca situada a carón do mar na ensenada do Porto, ó se proceder á cons-trucción dunha vivenda localizáronse tres habitacións que conservaban en bo estado o seu pavimento ou piso de ocu-pación e recolléronse numerosos obxectos arqueolóxicos: cerámica fina romana («terra sigillata hispánica»), «tegullae», ánforas, cerámica galaico-romana, etc.

Por outra banda, temos que en Soutoxuste, na parroquia do Viso, nunha ampla zona que se extende dende «O Puntal» e «A Pesqueira» ata a «Veiga dos Barcos» e «As Abarcias», nunha área preto ó «Pazo», atopouse tamén abundan-te material cerámico romano («sigillata», ánforas, «tegullae»...) e restos de construccións. que poderían estar evi-denciando outra vila romana.

Nesta zona de «O Pazo» (Soutoxuste. O Viso) nos luga-res de «Os Barcos» e «A Tanguella» localizáronse varias tumbas formadas por pedras e tellas romanas, que tiñan enxoval funerario, polo cal podemos datalas na época bai-xoromana.

Posiblemente pertencente a esta necrópole témo-lo achado dun fragmento dunha lápida funeraria romana (estela) que conserva parte do texto epigráfico.

Varios miliarios localizados documéntannos o paso por estas terras dunha importante vía romana. Vindo do sur ó norte. témo-los seguintes datos:

Na parroquia de Vilar de Enfesta ubícase o chamado «O Marco». que serve de límite entre esta parroquia e as pa-rroquias de Guizán e Louredo, ámbalas dúas pertencentes ó veciño concello de Mos. Trátase dun miliario que xa ten moi deteriorada a súa inscrición, que se fai ilexible.

Sobresae na actualidade 2,25 metros do chan e podemos sinalar que é o único miliario romano que se atopa «in situ» de toda a provincja de Pontevedra.

En Saxamonde. na finca que se coñece como «Socalco da Velgadeira», no lugar de «Padrón», a uns 30 metros do camiño empedrado chamado «estrada vella», púidose recu-perar outro miliario que se atopaba rompido en catro tro-zos, que servían como postes de viñas. Está adicado ó emperador Adriano.

En Ouintela locaMzouse un miliario a Decenio. que era empregado como base nunha mesa de pedra, situado nas inmediacións da igrexa parroquial.

Por último. en Cesantes pódese documentar outro miliario adicado a Numeriano. O achado tivo lugar en Outeiro das Penas, máis concretamente na «Fonte dos Frades».

Estes miliarios romanos de Saxamonde. Ouintela e Ce-santes forman parte na actualidade da extraordinaria colección de epigrafía romana que posúe o Museo Provincial de Pontevedra.

Para rematar este apartado adicado á romanización da bisbarra redondelana témo-la interesante noticia do achado dunhas 86 ou 87 moedas romanas de ouro. no lugar de Ran-de. na parroquia de Chapela. A cronoloxía que nos dan es-tes áureos vai dende mediados do século I ata finais do século III despois de Cristo. Son de diversos emperadores: Adriano. Aureliano. Aurelio. Vitelio. Domiciano. Vespasiano. Traxano, Nerón...

Polo exposto vemos cómo esta área xeográfica vai coñecer un forte proceso romanizador que vai afectar tamén ós castros existentes nestas terras que nos ofrecen como diciamos anteriormente, tamén materiais romanos e que nos dí que continuaron habitados en dita época.

Loxicamente ó proseguírmo-las nosas actividades arqueolóxicas, iremos engrandecendo o coñecemento do noso pasado do cal aquí expoñemos (de forma moi resumida) os datos que ata agora podemos contemplar

Nota.- Estela funeraria de "O Viso" con personaje togado, que se puede contemplar en el museo provincial de Pontevedra

No hay comentarios: