domingo, 23 de noviembre de 2008

NOTAS SOBRE ARQUEOLOGÍA DE REDONDELA ( II )

A IDADE DE BRONCE

Este período prehistórico vai desde o 1800 ó 600 antes de Cristo.

As evidencias arqueolóxicas que temos do mesmo den-tro do Concello redondelán podemos dicir que son de dous tipos: unha vennos dada polos obxectos metálicos localiza-dos e datables nesta época e a outra polas estacións rupes-tres ou petroglifos que se soen encadrar dentro deste pe-ríodo cronolóxico.

Varias son as machadas de bronce que se atoparon den-tro deste Concello:

Na parroqula de Trasmañó atopouse a máis antiga. Trá-tase dunha machada plana bicóncava de fío saínte e curvo, que tipoloxicamente podemos dar no Bronce II ou Medio, datable entre o 1500 ó 1000 antes de Cristo. As medidas des'a peza, que se custodia no Museo Provincial de Ponte-vedra, son de 161 x 77 x 15,5 milímetros e O seu peso é de 582 gramos.

As outras machadas pertencen ó Bronce III, coñecido tamén como Bronce Final ou Atlántico, que se adoita datar entre o 1000 e o 600 antes de Cristo.

Así, temos que nun lugar preto do mar, na parroquia de Cesantes, se atopou únha machada de bronce de dúas ane-las, que está rexistrada no Museo Provincial de Pontevedra co número 3.655.

Na parroquia de Redondela, no lugar de Vilavella, recu-perouse unha machada de tope con tres aneis e con dúas asas. Este tipo concreto dátase cara ó 800 antes de Cristo.

Sen concreta-la zona do achado, pero aínda dentro do Concello, temos outra machada de cubo de dous aneis, per-tencente ó tipo das coñecidas como de «talón ou de tope».

Sabemos tamén que no monte de A Peneda, na parroquia do Viso, se localizaron catro machadas que cronoloxicamente pertencen tamén ó Bronce Atlántíco ou Final. Dúas delas teñen un anel e as dúas restantes teñen dous.

Son varias as estacións rupestres existentes no Concello:

Na chamada <<Poza da Lagoa», na parroquia de Trasmañó, temos varías representacións de armas, das cafes son facilmente recoñecibles diferentes alabardas enmangadas e diversos puñais ou espadas curtas.

No chamado «Chan da Cruz» e no coñecido «Cofo do Corno>>, zonas que serven de lindeiro ás parroquias de Ce-deira, Negros e Trasmañó, existen diversos deseños xeométricos, sendo os máis comúns os círculos concéntrlcos de varios aneis.

Nas estribacións orientais do <<Monte Penide», pertencente á parroquia de Negros temos varias penas con gra-vados rupestres que teñen como característica principal a combinación de círculos e óvalos con cazoletas de peque-no tamaño, que aparecen normalmente dentro da figura xeométrica.

En diferentes puntos do Monte do Castro, pertencente ás parroquias de Negros e Cabeiro, pódense apreciar va-rias penas con coviñas e sulcos ondulantes.

En Ventosela, máis concretamente en Vilar do Mato, descubríronse hai poucos anos varias penas con interesan-tes gravados rupestres. Nestes petroglífo pódense apreciar figuras xeométricas, zoomorfas e antropomorfos. Salientan varlas escenas de equitación que soen datarse entre o 1000 e 600 anos antes de Cristo, iso é, no chamado Bronce III ou Final.

Podemos apuntar tamén a existencia de petroglifos de motivos xeométricos na aba accidental do monte da Pena do Viso e tamén dentro desta parroquia, pero no lugar co-ñecido como A Nogueira, existen gravados rupestres que representan combfnacións circulares nunha pena que ó coñecida na zona como «Pedra das Rodiñas».

Diferentes referencias verbais apuntan á existencia de nóvos petroglifos nas parroquias de Cesas e Moscoso, que agardan a súa conflrmación definitiva.

Nota.- Fotografía de uno de los petroglifos estudiados por Bouza-Brey, en las estribaciones del monte Penide. La mala conservación que poseen en la actualidad es evidente, estando toda su superficie de la roca llena de líquenes que dificultad su visión.

No hay comentarios: